Iniciativas solidarias ante a falta de axudas
Por Anxo Lourido
Aspace-Galicia, a Federación galega de Parálise Cerebral, poñerá en marcha un torneo de pádel en Monte Porreiro e un concerto solidario en Xeve como fórmulas para obter fondos que permitan financiar actividades para axudar a persoas que padezan parálise cerebral. A xerente desta Federación en Galicia, Ana Prieto, explicou durante a presentación destas accións solidarias no Concello de Pontevedra que "é necesario facer estas campañas para que non desaparezan moitos dos servizos como a hidroterapia que se están a empregar con persoas con discapacidade".
Nesta ocasión, a ONG organiza un torneo de pádel o 30 de novembro. Os participantes terán que aboar 15 euros para poder xogar pero a cambio contarán co regalo dun camiseta e dun bono-spa nun balneario de Ourense. Os interesados poden apuntarse en doblered ata o 29 de novembro.
E o 5 de decembro ás 20:30 horas no Centro Cultural de Santa María de Xeve celebrarán un concerto con Belp, La casa dos Ingleses e Marvel. O prezo será de 5 euros.