Varios feridos ao estoupar un vehículo con bombas de palenque nunha procesión en Ponte Caldelas
Por Natalia Puga & Diego Torrado
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Varias persoas resultaron feridas este sábado en Ponte Caldelas a consecuencia dunha explosión pirotécnica no vehículo no que circulaban durante a procesión en honor a San Cristobal da Lama. O vehículo estaba cargado de bombas de palenque e, por motivos que se descoñecen, estoupou e causou feridas nas persoas que viaxaban a bordo.
Urxencias Médicas de Galicia cifra os feridos que necesitaron traslado por vehículos de emerxencias en cinco. Outras fontes da investigación sinalan que resultaron afectadas un total de oito persoas, as tres restantes de menor consideración. En total, chegaron a algún hospital sete persoas, seis a Pontevedra e unha á Coruña. Do sucedido xa abriu dilixencias de investigación a Garda Civil.
Os feridos eran os integrantes dun grupo musical de Taboadelo (Ponte Caldelas) encargado do pasarrúas da festa e membros da comisión de festas de San Cristóbal da Lama. Un deles tivo que ser evacuado nun helicóptero ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña. Presentaba un estado moi grave e, segundo as fontes consultadas, sería o presidente da comisión de festas, J.BM.L.. Segundo o 061, está calificado como ferido "gran queimado" e presenta un estado "moi grave". Fontes cercanas apuntan a que lle explosioniaron as bombas de palenque nos pes.
Os outros catro feridos trasladados polo 061 foron derivados ao Hospital Montecelo de Pontevedra con queimaduras de diferente consideración. Todos foron evacuados en ambulancias do 061 custodiadas por efectivos da Garda Civil, segundo testemuñas presenciais.
Fontes do Complexo Hospitalario de Pontevedra confirmaron que ao Hospital Montecelo chegaron seis dos feridos (un sétimo foi derivado a Coruña). Deles, ao longo da tarde recibiron a alta tres e está previsto que nas próximas horas poida irse para a casa outro máis. Dous permanecerán ingresados en Montecelo cun prognóstico de queimaduras de distinta consideración e problemas de otorrinolaringoloxía polo forte ruido ocasionado pola explosión.
O incidente produciuse sobre as 13.30 horas na entrada de Ponte Caldelas. O vehículo afectado era un camión aberto de pequenas dimensións marca Nissan Trade que realizaba o percorrido A Lama-Aguasantas pola estrada PO-234, que comunica Ponte Caldelas con Aguasantas, na Lama. Nese momento estaba chegando a Ponte Caldelas.
O camión pechaba a procesión e levaba aos músicos que animaban a festa ás persoas que lanzaban bombas de palenque. Por motivos que se descoñecen produciuse unha explosión na parte traseira do camión e a plataforma rebentou. Algúns dos feridos ían sentados e outros en pé lanzando as bombas de palenque e, segundo explicaron as testemuñas do incidente, produciuse unha forte explosión.
A Central de Coordinación do 061 Urxencias Sanitarias de Galicia recibiu a alerta por explosión de lumes artificiais ás 13.32 horas e derivou ao lugar do sinistro dous ambulancias asistenciais, unha ambulancia medicalizada do 061, un helicóptero e persoal sanitario do centro de saúde da Lama. Tamén se desprazaron ao lugar os Bombeiros e a Garda Civil, que cortou a circulación entre Ponte Caldelas e Aguasantas.
Relacionadas:
-
"En verano, las rosquilleras y nosotros estamos todos a uno. Nos las conocemos a todas”
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Imputado pola explosión de material pirotécnico con sete feridos en Ponte Caldelas
Por Natalia Puga |
-
Abren unha investigación para aclarar se o uso do material pirotécnico que estoupou en Ponte Caldelas cumpría as normas
Por Natalia Puga |