Ábrese o prazo para que os bolseiros presenten solicitudes ao Plan Práctica Laboral da Deputación
Por Oskar Viéitez
Coa súa publicación no Boletín Oficial da Provincia deste mércores 9 de xullo ábrese o prazo para que os bolseiros presenten solicitudes ao Plan Práctica Laboral da Deputación. Solicitaron participar 903 empresas ás que lles foron adxudicados un total de 400 contratos en prácticas. Sies deles corresponden a bolseiros sen aignar no plan do pasado ano.
As titulacións máis solicitadas foron: Administración de Empresas (46), Administración e finanzas (38), Xestión Comercial e Marketing (17), Informática (12), Publicidade e Relacións Públicas (12), Relacións Laborais e Recursos Humáns (11), Arquitectura (8), Arquitectura Técnica (7), Aplicacións Multiplataforma (7) e Producción por Mecanizado (7).
Por comarcas, as empresas son de: Vigo (160), Pontevedra (78), O Salnés (49), Deza (44), O Morrazo (23), Caldas (18), Baixo Miño (15), Tabeirós-Terra de Montes (10) y O Condado (3).
Agora convocase a fase de selección dos bolseiros. A convocatoria publicouse este mércores no BOP e o prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais: dende o 10 ata o 29 de xullo
Na selección, o currículo ou expediente académico será valorado de 0 a 7 puntos. Ata tres puntos contará a entrevista sobre o currículo e coñecementos relacionados coa titulación. Tras publicarse as puntuacións obtidas, cada bolseiro elixirá a empresa na que desexe realizar prácticas. Comezarán a traballar a partir do 1 de outubro.
As bolsas serán de 800 euros ao mes para licenciados, graduados e diplomados; e de 700 euros ao mes para ciclos superiores. Durarán seis meses prorrogables outros seis e son incompatibles con calquera outra actividade remunerada e subvencións que non xeran ningún tipo de relación laboral ou funcionarial.
Relacionadas:
-
2.500 mozos inscríbense no plan práctica laboral da Deputación
Por Oskar Viéitez |
-
Colas de mozos formados para conseguir unha bolsa do Plan de Práctica Laboral da Deputación
Por Redacción |
-
647 mozos aspiran a ser contratados en empresas a través do Plan de Práctica Laboral da Deputación
Por Redacción |
-
Os bolseiros axudan a mellorar as convocatorias de prácticas laborais da Deputación
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación de Pontevedra adianta a concesión de 30 bolseiros a empresas do sector turístico
Por Oskar Viéitez |
-
Preto de 1.000 empresas optan ao plan de práctica laboral da Deputación
Por Redacción |