A Deputación e Abanca asinan un acordo financeiro para apoiar empresas, familias e corporacións locais
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez
Abanca e a Deputación de Pontevedra asinaron un acordo a través do cal a entidade financeira destinará 70 millóns de euros para financiar iniciativas enfocadas ao desenvolvemento económico e social da provincia. A rúbrica do convenio tivo lugar hoxe no Pazo Provincial, coa participación de Francisco Botas, conselleiro delegado da nova entidade crediticia, e Rafael Louzán, presidente da Deputación de Pontevedra.
O acto contou tamén coa presenza do vicepresidente de Abanca, Juan Carlos Escotet.
O Plan Activamos, denominación do convenio, vai dirixido a familias, empresas, corporacións locais e organismos autónomos. Abanca financiará, en condicións preferentes con respecto ás estándar do mercado, proxectos relacionados coa formación, a accesibilidade das vivendas, a extensión das novas tecnoloxías, a eficiencia enerxética, o emprendimiento e a creación de emprego.
PROXECTOS FINANCIABLES
- No ámbito da actividade empresarial Abanca financiará a posta en marcha de novos negocios, as novas contratacións nos xa existentes, os novos investimentos empresariais e a realización de actuacións que contribúan a mellorar a eficiencia enerxética das empresas da provincia de Pontevedra.
- Polo que respecta ás familias, a través do Plan Activamos Abanca proporcionará recursos para a realización de programas de formación universitaria de grao e postgrao, a adquisición de equipamento tecnolóxico e conexión de banda ancha, a realización de obras para a mellora da accesibilidade e a eficiencia enerxética en vivendas e a adquisición de vehículos eficientes.
- E pola súa banda, as corporacións locais e os organismos autónomos poderán solicitar crédito tanto para a realización de investimentos coma para as súas necesidades de circulante.
Relacionadas:
-
A Deputación e Abanca impulsan unha liña de crédito para pemes e autónomos
Por Oskar Viéitez |
-
Abanca detecta brotes verdes na pequena e mediana empresa
Por Redacción |
-
Abanca toma o relevo de Novagalicia Banco e xa exhibe a súa nova marca en Pontevedra
Por Redacción |
-
Abanca ultima a súa 'posta de longo' en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |