Operativo de busca para localizar un cura dos Pais Somascos desaparecido en Caldas
Por Natalia Puga
Dezaseis efectivos de Protección Civil de Caldas de Reis, coordinados coa Garda Civil e co apoio de voluntarios de Cuntis, despregaron un dispositivo de busca para localizar un cura dos Pais Somascos do que denunciaron a súa desaparición.
O desaparecido é Bruno Luppi, de 73 anos, e no momento da súa desaparición vestía unha cazadora de cor azul mariño. Dende a súa congregación relixiosa denunciaron a desaparición sobre as 13.30 horas deste martes.
O home, que nos últimos tempos empezou a presentar problemas de falta de memoria e sintómas de alzhéimer, foi visto por última vez na rúa Real de Caldas este martes, segundo se puido descubrir ata o momento. ÿ coñecido na localidade polo seu labor docente no colexio San Fermín anos atrás.
Fontes de Protección Civil confirmaron que o operativo se despregou pola zona urbana porque foi o lugar no que se lle viu por última vez, pero tamén por outros puntos dos arredores tales como o Camiño de Santiago e as marxes do río Umia dende o centro cara á factoría de Clesa.
Relacionadas:
-
Protección Civil de Caldas, na senda do voluntariado 2.0
Por Redacción |
-
Aparece en Curro o cura de 73 anos desaparecido de Caldas
Por Natalia Puga | Creada e actualizada