Xuízo polo fraticidio de Guillán (Vilagarcía): "Aquí los hermanos se llevaban todos fatal unos con otros"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot
As malas relacións entre Santiago e Alfonso Gómez Lorenzo tiveron supostamente moito que ver cos feitos acontecidos en setembro de 2012 en Guillán (Vilagarcía), onde o primeiro disparou ao segundo cunha escopeta causándolle a morte desangrado. Esas malas relacións trasladáronse este martes á sala de vistas da Audiencia Provincial de Pontevedra na que esta semana se xulga o crime cun tribunal de xurado a través da declaracións de familiares e veciños do falecido e o acusado. "Aquí los hermanos se llevaban todos fatal unos con otros", sinalou unha das dúas fillas da vítima.
A rapaza e a súa irmá protagonizaron este martes os momentos máis emotivos do xuízo recordando ao seu pai e todo o que rodeou a súa morte. Entre outras circunstancias, a maior lamentou ter que recordar agora no xuízo todo aquilo e "tener que ver gente que no te apetece" e abundou nunha situación que confirmaron o resto de testemuñas que entraron na sala: os outros irmáns do seu pai e as súas respectivas familias non manteñen agora ningunha relación coa viúva e as dúas fillas do falecido.
"Ahora han hecho piña", sinalou a irmá maior. De feito, no momento do crime a súa avoa paterna vivía con eles e mudouse á casa dun dos seus tíos. Dende entón, non se falan con ninguén. A súa irmá corroborouno: non mantén "ninguna" relación co resto da familia. Unha das súas tías e irmá do acusado a vítima tamén o confirmou, pero atribúe esa rotura das relacións á viúva: "yo me llevé siempre bien con ellas, pero desde que fui a declarar, me dejaron de hablar".
Os testemuños que se escoitaron na segunda xornada do xuízo constataron as malas relacións entre o acusado e a vítima, que o día do crime supostamente desencadearon unha discusión no transcurso da cal Santiago recoñeceu ter disparado a Alfonso, pero revelaron visións moi distintas da personalidade de cada un.
As dúas fillas definiron o seu pai como unha persoa "introvertida" fronte ao carácter "vengativo" e "falso" do acusado e negaron que tivese problemas coa bebida como saíu a relucir no xuízo e que mantivese malas relacións coa súa nai ou se tivese dado algún episodio de violencia no domicilio. A menor si recoñeceu que un día o falecido chegou á casa ebrio, discutiu coa nai e ela chegou a escaparse pola ventá e refuxiarse durante toda a noite na casa do acusado, pero asegurou que foi algo puntual. A viúva tamén negou que tivese malas relacións co seu marido, do que dixo que "fue el único amor de mi vida", pois empezou o seu noivado con el aos 14 anos.
A sala impide declarar ao irmán do falecido e da vítima porque estivo presente na comparecencia de túa nai e "está contaminado"
En contraposición, a irmá do acusado e a vítima asegura que as súas sobriñas lle trasmitieron que "se avergonzaban muchas veces" do seu pai e que a súa nai se quería separar del e asegurou que o falecido se poñía violento cando bebía alcohol e tivera problemas con varias persoas. Asegura que chegou a romperlle dúas costelas ao seu pai e a protagonizar pelexas con veciños e coñecidos e un incidente nun bar. De todos eses supostos episodios violentos e agresivos non hai constancia de denuncias agás dunha que chegou a xuízo e na que o falecido non foi condenado.
Os testemuños familiares debería ter incluído ao irmán de Santiago e Alfonso co que vive actualmente a súa nai, pero este non puido declarar porque durante a comparecencia da nai estivo presente e, polo tanto, o presidente do tribunal, o maxistrado José Juan Barreiro, determinou que o seu testemuño "está contaminado" e non pode ser considerado válido no xuízo. Esta decisión motivou a protesta do avogado da acusación particular, pero estivo avalado polo fiscal e a defensa.
Escoitara como a súa nai relataba os feitos daquel día, pero, en realidade, pouco achegou o testemuño da muller, pois mesmo pediu perdón en varias ocasións porque non consegue recordar practicamente nada: "Es que a mí ahora no me recuerdan muchas cosas. Lo siento".
Máis memoria ten a viúva, que presenciou o enfrontamento verbal entre o seu marido e o acusado e o posterior disparo de Santiago á perna do seu irmán. A día de hoxe asegura que me pregunto por que pasou porque non había ningún motivo" e tamén insistiu en que ela non sabe nada da navalla que o procesado asegura que o falecido levaba enriba cando discutiron e coa que temía que lle rachase o pescozo, de aí que acabase disparando a súa escopeta "por panico" e "por instinto" de defensa.
A viúva: "Me pregunto por qué pasó porque no había ningún motivo"
Os policías que acudiron a Guillán aquel día e os que realizaron o rexistro do terreo explicaron que se localizou un navalla nun muro próximo e a defensa do procesado insiste en que a viúva a colleu e a escondeu alí tras o incidente. O propio procesado chegou a advertir aquel día aos policía que a muller tiña a navalla, pero ningún dos axentes declarantes viu este arma nin no lugar do crime nin en posesión da muller. Chegaron a pedirlle que baleirase os petos e non a encontraron, pero en ningún momento a cachearon porque "en aquel momento la prioridad era la víctima", que se estaba a desangrar.
O xuízo continuará este mércores con varias probas periciais, pero pola sala xa pasaron as forenses que realizaron a autopsia da vítima e que aseguraron que o morto e a persoa que lle disparou (o acusado recoñeceu que foi el) estaban "a una distancia de un metro o metro y medio" e que ao alcanzarlle a bala a ateria femoral a ferida tiña moi poucas posibilidades de salvalo, pois é un vaso principal polo que pasa unha cuarta parte do sangue do corpo.
Se a bala non tivese alcanzado a arteria "no habría provocado la muerte" porque "no habría tenido tanta pérdida de sangre" e, tal e como é a ferida que sufriu, podería terse curado "sin más secuela que una simple cicatriz". Non obstante, alcanzouno nun punto crítico e ese tipo de lesións teñen unha taxa de supervivencia "muy baja".
Coincidiron as forenses en que resulta imposible para alguén non experto en anatomía e, dende fóra, saber que lle está a disparar á arteria femoral e tamén en que o falecido estaba baixo os efectos do alcohol no momento da súa morte por unha "ingesta bastante abundante" de bedida que necesariamente tiña que terlle deixado síntomas de embriaguez perceptibles polas demais persoas.
Relacionadas:
-
O home que matou o seu irmán en Guillán é condenado a dous anos de cárcere
Por Redacción |
-
Un acordo cunha condena a dous anos de prisión evita volver xulgar o crime fraticida de Guillán
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O Supremo ordena ditar nova sentenza contra o condenado de matar o seu irmán en Vilagarcía
Por Redacción |
-
Ordenan repetir o xuízo con xurado polo fraticidio de Guillán entre fortes críticas ao xuíz
Por Natalia Puga |
-
Piden no TSXG que se repita o xuízo con xurado contra o fraticida de Guillán (Vilagarcía)
Por Redacción |
-
O xurado conclúe que o acusado de matar ao seu irmán lle disparou "para defenderse" e o xuíz ordena a súa inmediata liberdade
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
"Eu cometín un erro, si, coller a escopeta, pero non coa intención de matar nunca a meu irmán"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O acusado de matar o seu irmán dun disparo en Vilagarcía deféndese: "Fue por instinto"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |