Deteñen un pontevedrés polo roubo nunha vivenda da cidade
Por Redacción
Un home de 41 anos de idade, veciño de Pontevedra, con antecedentes policiais, foi detido pola Policía Nacional como presunto autor dun delito de roubo con forza no interior dunha vivenda da cidade.
O propietario foi advertido por un veciño que sorprendera un individuo cando saltaba o muro do terreo que dá acceso á vivenda, portando un bolso de grandes dimensións tras o cal saíu fuxindo do lugar á carreira.
Ao lugar dirixiuse inmediatamente unha patrulla policial que tras efectuar unha inspección na vivenda comprobou que unha das ventás da parte traseira da casa se encontraba fracturada e o interior todo revolto. O propietario botaba en falta: 22 lentes, 16 reloxos, unha táboa de snow e un bolso de cor con roupa no interior.
O suceso tivo lugar o día 1 de xullo. Os axentes lograron identificar o presunto autor dos feitos tres días máis tarde procedendo á súa detención por un roubo con forza no interior dunha vivenda.
Unha vez en dependencias policiais o detido foi posto a disposición da Autoridade Xudicial.
Este individuo foi detido en compañía doutro o día 23 de xuño, por un roubo nunha vivenda deshabitada da mesma zona. Nese caso grazas á colaboración dos veciños os axentes lograron detelos ao saír da vivenda cos obxectos subtraídos