UPyD anuncia que presentará unha candidatura "solvente" á alcaldía de Pontevedra
Por Redacción
Aínda non se coñece quen será a persoa que opte á alcaldía de Pontevedra, pero a falta de dez meses para as próximas eleccións municipais, UPyD confirmou que presentará unha candidatura "solvente" na cidade do Lérez. O seu coordinador en Galicia, José Antonio de Lorenzo, avanzou que o partido que lidera Rosa Díez presentarase, polo menos, nas sete grandes cidades galegas e nos municipios da súa área metropolitana.
De Lorenzo asegurou que os resultados das pasadas eleccións europeas, nos que UPyD logrou os seus mellores resultados a nivel galego, sitúan á formación nunha "posición importante" de cara aos comicios municipais.
O mecanismo para elixir aos cabezas de lista será a través de eleccións primarias, nas que non será necesaria a presentación de avais. "El 5 de septiembre quedarán establecidos los consistorios y municipios a los que se va a presentar UPyD en Galicia, pero eso no significa que más adelante no se puedan incorporar más", explicou o coordinador de UPyD en Galicia.
Unha vez instauradas as listas e os territorios nos que se presentarán, elaborarase "un programa marco a nivel nacional para las elecciones municipales". Con el, sinalou, os referentes do partido "volverán a ser los electores", aos que UPyD, dixo, promete "no defraudar"
Relacionadas:
-
UPyD en Pontevedra invita aos cidadáns a participar na elaboración do programa para as municipais
Por Oskar Viéitez |
-
31 de outubro, data máxima para coñecer o candidato de Compromiso por Galicia en Pontevedra
Por Redacción |
-
O PP desvelará a partir de setembro o nome dos seus candidatos ás alcaldías pontevedresas
Por Alejandro Espiño |