Localizan na ría de Aldán o cadáver dun home desaparecido tras alugar unha embarcación en Sanxenxo
Por Redacción
O Helicóptero Pesca I recuperou ás 7:43 horas o corpo de sen vida dun home de nacionalidade italiana que alugara este xoves unha embarcación en Sanxenxo, segundo informou Salvamento Marítimo.
O cadáver foi encontrado por un mariscador pouco depués das 7:00 da mañá na ría de Aldán, concretamente en la playa de Area Brava, Bueu.
Nas últimas horas activárase un dispositivo de busca despois de que o propietario da embarcación alertase de que esta non fora devolta, un aviso que se produxo sobre as 21:30 horas do xoves.
Efectivos de Salvamento Marítimo, Garda Civil e Protección Civil rastrexaron dende entón a ría de Pontevedra localizando o barco, de nome Sálvora 3 e con catro metros de eslora, a última hora da tarde do xoves fondeado sen nigún ocupante a bordo na Praia de Bon, en Bueu.
Tras recuperar o corpo o Helicóptero Pesca I trasladouno ao aeropuerto de Peinador, onde foi posto a disposición da Policía Xudicial de Cangas.