Rehabilitarán a escola unitaria de Lusquiños (Tomeza) para convertila nun centro social
Por Alejandro Espiño
A antiga escola unitaria de Lusquiños reconverterase nun local social que sirva de punto de reunión e encontro dos veciños de Tomeza. O Concello de Pontevedra investirá case 168.000 euros na rehabilitación integral do inmoble, para poder darlle uso a todos os seus espazos. Segundo avanzou o concelleiro delegado do Rural, Demetrio Gómez Junquera, as obras licitaranse nunha próxima Xunta de Goberno e comezarán despois do verán.
Demetrio Gómez, que destacou que as asociacións de Tomeza son "cada vez máis activas" e precisan dun maior espazo para desenvolver as súas actividades, explicou que actualmente o edificio está dividido en dúas partes, o que era colexio e o que era a casa do mestre. Esta última está en moi mal estado, polo que a actuación será integral para poder habilitar toda a superficie do edificio.
La reforma, que estará inspirada en la rehabilitación del centro social de O Salgueiral "pero corrixindo defectos que se detectaron", habilitará un novo acceso cunha sala de estancia (lectura), unha sala de usos múltiples que se pode ampliar co peche da terraza do edificio, crearase unha nova aula no que era vivenda do mestre, onde tamén se situarán os aseos e o almacén do local social. Tamén disporá dunha pequena cociña para poder realizar cursos.
Ademais, a rehabilitación tamén inclúe melloras de eficiencia enerxética, creando unha capa de illamento térmico en todo o edificio, tanto nas paredes, no tellado ou na carpintería exterior, "para que quede illado da temperatura exterior como se estivese dentro dunha cámara". Colocarase tamén iluminación de baixo consumo e terá o mobiliario adecuado así como acceso ás novas tecnoloxías a través de proxector, ordenadores ou equipo de son.
O concelleiro nacionalista sinalou que estas obras faranse con cargo a dúas anualidades e que mentres se realizan estas obras, os veciños empregarán o local social dos comuneiros.
Demetrio Gómez explicou que esta rehabilitación foi unha das prioridades do Consello parroquial de Tomeza. Trátase dunha obra consensuada con todas as asociacións da parroquia, que tamén priorizaron a mellora do campo da festa que está rematado case ao cento por cen. En total, en ambos proxectos o investimento supera o medio millón de euros.
Relacionadas:
-
Tomeza estrea centro social en Lusquiños
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado |
-
As obras para converter a escola unitaria de Lusquiños nun centro social avanzan a bo ritmo
Por Redacción |
-
Ultiman o proxecto do Centro Social de Salcedo, o máis "ambicioso" xamáis construído en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |