¡Benvida Mrs Pastor!
Por Oskar Viéitez
Con sete millóns de euros debaixo do brazo chegou a ministra de Fomento, Ana Pastor, na súa visita oficial ao Concello de Pontevedra.
O alcalde da capital, Miguel Anxo Fernández, exerceu de anfitrión coa titular de Fomento mostrando a súa "satisfacción" pola firma o convenio de financiamento do desdoblamento da avenida de Vigo.
Foi unha visita de médico, xa que apenas durou media hora na que os responsables da axenda ministerial non pararon de mirar o reloxo.
Con todo o alcalde exprimiu ao máximo a oportunidade para repasar diversos asuntos comúns como o Nó viario da Barca, a cesión da estrada Nacional 550 "cara a San Caetano, para conectar o Campus universitario", tamén o paseo de Marín "e por suposto a circunvalación", coincidiron ambos, demostrando estar en perfecta sintonía.
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, tamén preguntou pola situación das obras do nó de O Pino, paralizadas desde fai dous meses.
A Ministra de Fomento, Ana Pastor, anunciou que o ministerio pagou todas as certificacións de obra "por lo que si la empresa no puede hacerse cargo de los pagos que renuncie a la adjudicación y que deje a otra empresa que se haga cargo de la obra".
"Tampouco lle pedimos á Ministra el oro y el moro", bromeó Lores
Este foi o último asunto abordado na breve pero intensa reunión "o concello é consciente de que estamos pasando un momento moi complicado e tampouco lle pedimos á Ministra el oro y el moro", chanceou Lores.
A Ministra agradeceu este xesto "es una manera muy acertada de hacer las cosas y lo digo con el aprecio que tengo a esta institución y el aprecio personal al señor alcalde. Creo que es un buen signo de entendimiento el que haya acuerdos entre las instituciones frente a la tendencia de echar la culpa al otro cuando las cosas no salen bien".
A brevedade da visita de Pastor apenas serviu para pouco máis que para a firma do convenio. Acto seguido a responsable de Fomento trasladouse á Subdelegación do Goberno de Pontevedra onde mantivo un encontro conxunto cos alcaldes de Marín e Vilanova de Arousa, María Ramallo e Gonzalo Durán.