O comercio pontevedrés espera facturar máis de 47 millóns de euros nas rebaixas
Por Redacción
Os 12.600 comercios da provincia de Pontevedra afrontan o período de rebaixas de verán coa perspectiva de facturar 47,77 millóns de euros, que é o gasto previsto nas enquisas efectuadas pola Federación de Comercio de Pontevedra.
Segundo se desprende deste estudo a comarca de Pontevedra gastarase 6,14 millóns e a do Salnés 5,38.
Estas mesmas fontes apuntan que está previsto que o primeiro mes de rebaixas os descontos oscile entre un 50 e un 60%, e nos últimos días entre un 70 e un 80%.
A Federación prevé un incremento das vendas en torno ao 6%.
Este ano arredor dun 3% dos comercios da provincia comezaron xa as súas rebaixas dende o 15 de xuño ao terse liberalizado estas e ser agora cada comerciante o que elixe a data de inicio e fin das súas rebaixas, aínda que a gran maioría segue comezando as rebaixas o 1 de xullo.
A media de gasto por persoa sitúase en torno aos 49,44 euros.