A estrada de Vilagarcía estará en obras ata finais de agosto
Por Redacción
A Xunta comezou pola rotonda de Baión o reasfaltado de toda a estrada PO-531 entre Pontevedra e Vilagarcía.
Estes traballos prolongaranse ao longo de mes e medio, segundo a previsión que manexan os técnicos, que advirten do impacto que esta actuación terá sobre o tráfico. De feito, este luns xa se rexistraron as primeiras retencións nun vial polo que cada día circulan unha media de 20.000 vehículos.
Para esta reforma a empresa adxudicataria Taboada e Ramos dispón dun presuposto próximo aos 600.000 euros.
PONTEBORA - O PINO
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou este luns o remate dos traballos de mellora da estrada PO-542 que enlaza Pontebora coa rotonda de O Pino.
A obra, que tivo un orzamento superior ós 216.000 euros, comprendeu diversas actuacións de rehabilitación da rodadura entre os quilómetros 0 e 5 destas estrada, dende a rotonda de acceso ao futuro hospital de Monte Carrasco ata a estrada de Ourense, nas parroquias de Marcón e Bora.