Alfonso Rueda e Rafael Louzán cualifican de "anécdota" a rebelión de cinco edís do PP en Pontevedra
Por Redacción
"ÿ unha anécdota nunha votación intrascendente". Así cualificaron o presidente provincial do Partido Popular, Rafael Louzán, e o secretario xeral do PPdG, Alfonso Rueda, a rebelión de cinco concelleiros do grupo municipal do PP que, no pleno desta mañá, romperon a disciplina de voto e abstivéronse nunha moción presentada polo seu voceiro, Jacobo Moreira.
Ambos dirixentes, que compareceron xunto ao propio Moreira tras una xuntanza da Executiva Provincial do partido, coincidiron en tratar de quitarle importancia a esta cuestión. "Hai cuestións moito máis importantes nos tempos actuais que una votación que non tivo ningunha relevancia", explicou Rafael Louzán, quen, con todo, anunciou que convocará aos cinco edís rebeldes a una xuntanza "para que isto non volva suceder".
O presidente dos populares pontevedreses engadiu que, a pesar desta rebelión interna, o partido non cuestiona o liderado de Jacobo Moreira como voceiro municipal en Pontevedra, e afirmou que "baixo ningún concepto imos aceptar que haxa ningún tipo de debilidade no voceiro, que traballou ata hai dúas semanas no Parlamento de Galicia e agora vai centrar o seu labor no Concello de Pontevedra".
Precisamente, este traballo á fronte da oposición en Pontevedra foi louvado por Rafael Louzán, "porque ven denunciando e colleu coas mans na masa ao grupo de goberno BNG-PSOE, porque nos tempos actuais de crise económica na que as familias o están a pasar mal, que se aumente una dedicación máis no Concello, non é de recibo".
"Non imos calar a cambio de ningún tipo de chantaxe que nos poidan facer BNG e PSOE", afirmou Louzán
Con todo, Louzán recoñece que o traballo de oposición do PP no Concello de Pontevedra non será doado cunha única dedicación exclusiva, a que disfruta o propio Jacobo Moreira, "pero non imos calar a cambio de ningún tipo de chantaxe que nos poidan facer BNG e PSOE, temos ilusión e iso é o que importa".
"Non temos ninguna outra cousa pendente que non sexa traballar desde una oposición seria para decir o que se está facendo ben e denunciar o que se está facendo mal, que son bastantes cousas, como a de ter o número de dedicacións exclusivas como en ningún outro concello de Galicia", concluiu o presidente do PP en Pontevedra.