O PP afirma que os veciños de Mourente e de Bora temen que o Concello os deixe sen saneamento
Por Redacción
O voceiro do grupo municipal do Partido Popular, Jacobo Moreira, mantivo unha reunión con máis de cincuenta veciños das parroquias de Mourente e de Bora para analizar a decisión adoptada polo pleno tras presentar o PP unha moción reclamando a rede de sumidoiros para varios lugares destas zonas do municipio.
O Partido Popular entende que os veciños ven con desconfianza o acordo adoptado pola corporación municipal no pleno e teme que sexa unha forma de que o alcalde evite as súas responsabilidades nestas parroquias.
Os concelleiros populares explicaron aos veciños que a moción do PP foi emendada polo equipo de goberno de forma que se condiciona a actuación a que a Xunta se implique economicamente. Segundo os representantes do Partido Popular a intervención da rede de saneamento é unha competencia exclusivamente municipal e xa contou co apoio da administración autonómica a través de dous convenios nos que o goberno de Feijóo achegou dez millóns de euros.
Segundo Jacobo Moreira, o alcalde de Pontevedra "prefire investir no centro urbano, en festas ou en competicións deportivas" en lugar de mellorar o saneamento do rural. Engadiu que o Concello tamén ten asinando un convenio co Ministerio de Fomento para a habilitación da rede de rede de sumidoiros na N-541 para facerse coa titularidade da vía e dotar á zona do abastecemento da auga, saneamento e outros servizos. Os populares consideran que agora Fernández Lores intenta trasladar o problema ao goberno da Xunta.
Relacionadas:
-
Pontevedreses, Moreira fálavos a través de YouTube
Por Redacción |
-
Veciños de Mourente e Bora lamentan a "actitude indolente" dos políticos ante os seus problemas
Por Oskar Viéitez |
-
Fomento comezará as obras de mellora na N-541 en Mourente a finais deste ano
Por Oskar Viéitez |
-
O goberno local espera asinar un convenio coa Xunta para a rede de sumidoiros para Mourente e Bora
Por Oskar Viéitez |
-
Paso adiante no Pleno para completar o saneamento nas parroquias de Mourente e Bora
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O PP pedirá en Pleno ao goberno local que dote de orzamento o saneamento de Mourente
Por Redacción |
-
Mourente iniciará mobilizacións para que se dote de sumidoiros a O Pazo, Carabelos e Eirós
Por Redacción |