O luns 30 córtase o tráfico de saída na rúa Otero Pedrayo por obras do servizo de gas
Por Redacción
A rúa Ramón Otero Pedrayo permanecerá pechada ao tráfico no carril de saída da cidade ao redor dunha semana e media por obras na rede do servizo de gas.
O corte iniciarase na glorieta da estación do ferrocarril ata o número 4 de Otero Pedrayo. O peche iniciarase o luns 30 de xuño, a partir das 9.30 horas.
Dende o Concello de Pontevedra recomendan como desvío alternativo para o tráfico a circulación pola avenida da Estación e a avenida de Vigo, mentres dure o peche.