Concentración ante a Xunta para cubrir os postos de brigadas de extinción de incendios forestais
Por Redacción
Os traballadores do Servizo de Defensa e Prevención contra incendios forestais de Galicia en Pontevedra volveron concentrarse ante o edificio da Xunta de Galicia en Campolongo para reivindicar un servizo totalmente público e para reclamar que se cubran as vacantes e baixas que se rexistran na provincia.
Segundo manifestaba a voceira sindical, María José Fuentes, "a día de hoxe non se sabe cando a consellería vai meter o reforzo de verán cando a semana que ven, o 1 de xullo, comeza a campaña de risco e seguen a cubrirse ás prazas".
Denuncian que o servizo se encontra minguado e os representantes sindicais consideran que a administración "parece estar interesada en que funcione mellor para unha privatización". Afirman que sofren unha mingua próxima ao 25% do equipo e reclaman que a consellería de Medio Rural ofreza datos de cando se vai realizar a fase de despregamento do reforzo de verán.
Dende os sindicatos aseguran que van manter un calendario de concentracións ata que dende a Xunta se ofreza unha solución.