O prezo dun Rías Baixas case duplica a media doutros viños brancos do resto de España
Por Oskar Viéitez
O pleno do Consello Regulador da Denominación de Orixe (D.O.) Rías Baixas "para fundamentar la toma de decisiones" encargou tres informes, un sobre a notoriedade en prensa, que se presentará nos próximos días e dous máis sobre a evolución dos seus viños nos mercados nacional e internacional, cuxos resultados presentáronse este xoves en rolda de prensa.
O client services apoderado da compañía Nielsen, Ángel García Fernández, explicou que dentro do mercado dos viños brancos con denominación, os caldos de Rías Baixas incrementaron a súa cota de mercado cun volume de ata un 14%.
Ángel García destacou este dato "por la importancia que este canal de hostelería tiene en la venta global de vinos, y especialmente en los vinos de mayor precio".
Segundo o informe de Nielsen, os futuros crecementos virán determinados pola expansión en termos de distribución cara a mercados fóra de Galicia "existe un notable potencial de crecimiento vía consecución de una mayor presencia en la mayor parte de las zonas geográficas".
Estas mesmas fontes revelan que outras denominacións de orixe con prezos máis económicos obteñen uns bos resultados, incrementando as súas vendas nun 4,8% respecto ao ano 2013. Non obstante, os viños de Rías Baixas presentaron unha redución na cota de volume.
Esta ten dúas explicacións, fundamentalmente que os viños desta D.O. pontevedresa teñen un prezo medio de venda "muy superior a la de otros blancos". O diferencial actual cífrase nun 95% superior, case o dobre. Por outra parte, o descenso de volume de vendas no último ano correspóndese cun aumento de prezo medio de venda de Rías Baixas, o que supón que, se ben, en volume haxa un descenso, en valor, Rías Baixas creceron na canle de alimentación no último ano.
O presidente do Consello Regulador desta Denominación de Orixe, Juan Gil de Araújo, explicou que dentro dun mercado complicado para os viños de menor prezo, os Rías Baixas conseguen manter o seu status de viño de alto posicionamento de prezo que permite afianzar a imaxe de calidade e referencia dentro do viño branco.
Pola súa banda, o director xeral do Observatorio Español do Mercado do Viño, Rafael del Rey, repasou a situación do sector vitivinícola galego, que "muestra el buen camino recorrido hasta la fecha" e tamén o "enorme potencial que la exportación significa" para os viños brancos de calidade.
Entre os envasados, destacan as vendas de viños brancos con D.O. dende Pontevedra a prezos medios que "casi duplican la media de otros vinos blancos del resto de España". Concretamente, 4,98 euros o litro fronte aos 2,46 euros o litro do resto de viños con D.O. españois, o que permiten aos Rías Baixas alcanzar os máis de 28 millóns de euros en valor en 2013.
Asegurar a calidade, mellorar os aparatos comerciais e a actividade internacional das empresas así como a adecuación ás necesidades dos diversos mercados, son algunhas das claves recomendadas por Rafael del Rey ás adegas pontevedresas.
Relacionadas:
-
Cata na D.O. Rías Baixas para a obtención da distinción Gallaecia
Por Redacción |
-
Rías Baixas traslada ao Goberno a súa preocupación de que o viño sexa incluído na nova lei sobre o alcohol
Por Redacción |
-
As Rías Baixas acollerán no 2015 o I Concurso internacional dos Viños Atlánticos
Por Redacción |
-
A escaseza de días de frío durante o inverno reducirá a colleita de albariño
Por Oskar Viéitez |
-
Aumenta un 10% a exportación dos viños da D.O Rías Baixas
Por Anxo Lourido |