Pecha a oficina de Catalunya Caixa en Pontevedra, na que traballan 4 empregados
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
A oficina de Catalunya Caixa, situada na rúa Daniel de la Sota, pechou as portas aos seus clientes ás 12.00 horas deste xoves 26. A entidade financeira levaba 16 anos neste local e agora a única oficina de atención persoal encontrarase na Coruña.
Un dos empregados, pouco antes de pechar, sinalaba que "la crisis se ha cargado otras oficinas. Por el FROB (Fondo de Reestructuración ordenada bancaria) todo lo que esté fuera de Cataluña se cierra y nos ha tocado". Dende a oficina indican que contaban con numerosos clientes, sobre todo porque se encontraba moi ben situada no centro de Pontevedra, e a atención por parte dos empregados atraía numerosos emprendedores locais como unha clienta que, este último día, pechaba a conta que mantiña na entidade dende hai sete anos: "Aparte de ser mi oficina, es gente conocida, amigos casi. Y hoy he venido a cancelar la cuenta. Si trabajaba con ellos era porque la atención personalizada es muy importante, sobre todo siendo autónoma, porque tenía cualquier cosita, me llamaban e intentaban solucionar las cosas. Así que si ellos no van a estar, yo tampoco". Durante os dous últimos meses, dende que Catalunya Caixa alertou do peche, canceláronse contas a pesar de que poderían operar a través da banca electrónica. Os clientes que teñen préstamos vense obrigados a manter a conta.
Unha moza móstrase molesta polas incomodidades que lle carrexa o cambio de entidade bancaria tras cancelar a conta: "ahora me quedé sin tarjeta y tengo que estar así entre que me hago una cuenta en otro banco y me llega la nueva".
Un dos últimos clientes que visitou a entidade neste día de peche foi Claudio Quintillán, voceiro da Agrupación de Comunidades de Montes en Man Común, que afirmaba a cancelación de contas de "varias comunidades de montes que tiñamos unha serie de fondos e como pechan a sucursal de Pontevedra e a de Vigo retiramos e trasladamos os fondos a outras entidades". Tamén destacaba a importancia do trato persoal nestas oficinas.
Os catro empregados desta oficina perden o seu posto de traballo porque as alternativas de pedir praza en Cataluña resultaban moi complicadas "a nivel personal o profesional, sobre todo, para los que no hablan catalán". Un deles mostraba a súa tristura polo peche "porque has estado muchos años aquí. Más raro será en los próximos días cuando pasemos por delante y veamos que ya no existe. Los tiempos son los que son y las instrucciones son las que son", dicía mentres unha clienta se despedía ofrecéndolle unha aperta.