Na procura dunha oportunidade laboral en PonteEmprego

Por Redacción

© Diego Torrado

© Diego Torrado

© Diego Torrado

© Diego Torrado
PonteEmprego desenvolve a súa terceira edición no Pazo da Cultura lonxe das colas de desempregados da primeira convocatoria desta Feira de Emprego. Agora, as entrevistas realízanse previamente programadas a través do boletín Iles, algunhas das 17 empresas que demandan traballadores realizan as súas entrevistas nas propias instalacións do Pazo, outras requiren acudir ás súas oficinas para acceder aos 150 postos que se ofertan.
Mozas como Gema, unha pedagoga de 26 anos, acudía a unha entrevista para traballar nun gabinete. Á saída mostrábase satisfeita con este tipo de iniciativas: "paréceme importante que haxa empresas que sigan promocionando emprego e feiras como esta dán a opción para que a xente poida ter unha oportunidade laboral".
Dende a organización que depende da Concellaría de Promoción Económica de Carlota Román destácase que este ano tratan o tema das franquías e a través de charlas e obradoiros ofrecidos por persoal de recursos humanos dalgunhas empresas se dan pautas aos interesados para encontrar emprego.
Outra das novidades destacables é que, por primeira vez, se expide o certificado de manipulador de alimentos e se ofrecen cursos formativos, relatorios e mesas redondas. O encargado de abrir a edición deste ano foi o xornalista Ernesto Ekaizer, que trato temas relacionados coa macroeconomía e a política relacionados coa baixada de salarios que sofren as empresas con motivo da crise.
No vestíbulo do Pazo da Cultura encóntranse os 20 postos de distintas entidades, entre elas, pódense visitar os relacionados cos dous coworking de Pontevedra. África Rodríguez, xerente de Espacio Arroelo, destacaba que este lugar de traballo situado na Michelena conta xa con 30 profesionais traballando nas instalacións e en PonteEmprego queren mostrar as posibilidades que ofrecen estas novas iniciativas laborais que permiten reducir custos e xerar novas propostas. Nesta Feira ofrecen talleres para mellorar o currículo en inglés, para automotivarse ou de auto recoñecemento persoal.
Outro dos postos máis rechamantes é o de Down Pontevedra no que se busca que os empresarios contraten a persoas con algunha minusvalidez a través do sistema de emprego con apoio, un programa no que as persoas con minusvalidez contan con preparadores laborais que realizan un seguimento dos traballadores para comprobar a súa adaptación. Abel Castellano, un dos mozos que atende neste posto, afirma que "temos dereito a traballar como calquera outra persoa".
PonteEmprego finaliza este xoves 26 de xuño con relatorios e dúas mesas redondas nas que se van tratar os perfís profesionais máis buscados e todo o relacionado coas franquías.
Explicación sobre o funcionamento do coworking Espacio Arroelo
África Rodríguez, xerente de Espacio Arroelo
CC BY-NC-SA PontevedraViva
Down Pontevedra busca empresas que oferten traballos para persoas con discapacidade
Abel Castellano. Down Pontevedra
CC BY-NC-SA PontevedraViva