28 mulleres e sete homes serán os agricultores da horta urbana de Finca do Conde
Por Redacción
As parcelas da horta urbana de Finca do Conde xa teñen usuarios. 28 mulleres e 7 homes dispoñerán de espazos para cultivar os seus propios produtos agrícolas. Segundo informa o Concello de Pontevedra correspóndense coas 35 solicitudes presentadas durante o prazo habilitado. Quedan siete vacantes que quedarán reservadas para as persoas que o soliciten no Rexistro municipal e cumpran as bases do concurso.
Todos os solicitantes disporán do seu espazo nesta horta urbana da Parda a partir do 1 de xullo, día no que a Concellaría de Benestar Social ten previsto entregar as parcelas a cada unha das persoas que o solicitaron. Esta entrega irá acompañada dun curso sobre agricultura ecolóxica que se impartirá a todos os usuarios na mesma finca.
O Concello de Pontevedra recorda que puxo en marcha este proxecto tratando de priorizar ao colectivo de mulleres en risco de exclusión, e introducindo á asociación Xoán XXIII como encargada de crear a horta, o que implicou a limpeza de boa parte da parcela, a creación dunha zona de estar con bancos e mesas ou unha caseta para gardar os aparellos, entre outros labores.
Agora, será a empresa Feito, a primeira empresa de inserción social do municipio a que fará labores de mantemento do espazo no que se atopa a horta urbana durante os vindeiros meses.
Relacionadas:
-
O Concello reformula os usos das hortas urbanas e saca a concurso as 57 parcelas municipais
Por Redacción |
-
O BNG aposta por estender as hortas urbanas polos barrios
Por Redacción |
-
O PP acusa ao Goberno local de "relegar ás mulleres a seguir monopolizando as tarefas de cultivo da horta"
Por Natalia Puga |
-
Ábrese o prazo para solicitar unha das 41 parcelas da Horta Urbana de Conde Bugallal
Por Redacción |
-
Comezan os traballos para crear unha horta urbana en Conde Bugallal
Por Redacción |