90.000 euros para rehabilitar e ampliar o Centro Social da Choupana
Por Redacción
O Concello da Lama e os veciños de Escuadra investirán ao redor de 90.000 euros na rehabilitación e ampliación do Centro Sociocultural da Choupana, opción que se impuxo á do campo de fútbol nunha votación que contou co apoio maioritario dos asistentes á asemblea convocada pola Asociación de Veciños.
O Concello será o encargado de redactar o proxecto e contribuír, xunto a outras administracións con gran parte do importe total das obras. Neste sentido, os veciños se comprometieron a realizar as xestións oportunas con outras entidades veciñais, como a Comunidade de Montes, para contar co maior número de apoios para realizar estes traballos.
Os veciños pediron ao alcalde Jorge Canda que o novo centro conte cun espazo amplo para albergar actividades sociais e reunión de entidades veciñais. Ademais, reclaman rehabilitar o propio centro para poder convertelo nun lugar de encontro veciñal para uso e desfrute de todos os cidadáns da zona.