Pedro Sánchez aposta por un "cambio de verdad" no PSOE e reivindica en Pontevedra a figura de Touriño
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
O candidato á Secretaría Xeral do PSOE, Pedro Sánchez, definiuse como "una persona que cree mucho en socialismo gallego, que ha sido vanguardia de procesos como éste". Acudiu este luns a Pontevedra invitado pola agrupación socialista da cidade do Lérez para "convencer, escuchar y ser escuchado por los compañeros", dixo. "Mi objetivo es conseguir el aval del cambio", engadiu.
Pedro Sánchez afirmou que "de manera humilde" participou na campaña electoral que levou á presidencia da Xunta a Emilio Pérez Touriño "que es una figura del socialismo gallego que reivindico también hoy".
Sobre o actual secretario xeral da socialistas galegos, Pedro Sánchez indico que "aspiro a tener el aval de José Ramón Gómez Besteiro y de otros muchos compañeros en Galicia pero de manera individual", e insistiu en que "es la hora del militante de base" e son eles os que deben de decidir quen é o secretario xeral o próximo 13 de xullo. "Todos aquellos compañeros que me avalen que apuesten por el cambio de verdad, por el cambio de abajo a arriba y no un cambio dirigido", proclamaron.
O aspirante á Secretaría Xeral do PSOE defendeu que o seu partido "tiene que articular una propuesta clara, nítida, socialista de izquierdas" que non sexa percibida coma "un mero recambio a la derecha" porque asegurou que "hace falta mucho socialismo para resolver buena parte de los problemas que tiene la sociedad española".
Un proxecto socialista, dixo "donde no quepan las grandes coaliciones con el Partido Popular, ni en Madrid ni en Bruselas".
REVISAR OS PRIVILEXIOS FISCAIS DA IGREXA
Fronte a un grupo de militantes do PSOE pontevedrés Pedro Sánchez Pérez-Castejón debullou algunhas das propostas coas que pretende liderar o partido, entre elas a de traballar por un Estado laico, "que se revise el acuerdo con la Santa Sede. Que se anule ese acuerdo. Que se revisen los privilegios fiscales que tiene la Iglesia Católica en nuestro país y que deje de ser fedatario público", enumerou.
Pedro Sánchez tamén se referiu á reforma fiscal do Partido Popular "que persigue fiscalmente a los trabajadores y premia a los defraudadores".
Relacionadas:
-
Pedro Sánchez traslada o seu apoio a Fátima Abal, voceira socialista de Cambados
Por Redacción |
-
Pedro Sánchez, novo secretario xeral do PSOE; Madina foi o preferido en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Madina explica en Pontevedra o seu modelo federal para España
Por Oskar Viéitez |
-
Eduardo Madina visitará Pontevedra o venres para presentar o seu proxecto para liderar o PSOE
Por Redacción |
-
Pedro Sánchez, primeiro candidato á Secretaría Xeral do PSOE que visitará Pontevedra
Por Redacción |
-
Alternativa Socialista impulsa a plataforma "Pontevedra con Madina"
Por Redacción |