Os veciños impiden a fuxida de dous ladróns dunha vivenda de Pontevedra
Por Redacción
Axentes da Comisaría Provincial da Policía Nacional de Pontevedra identificou e detivo dous pontevedreses, de 41 e 19 anos de idade, o maior con antecedentes policiais, como presuntos autores dun delito de roubo con forza no interior dunha vivenda deshabitada da cidade.
Un particular alertou durante o 22 de febreiro ás 22:25 horas á Comisaría ante os fortes ruídos nunha vivenda próxima á súa que se encontra deshabitada. A patrulla policial que se achegou ata a vivenda encontrouse con que os veciños lograran interceptar os dous individuos cando saían do interior da casa impedindo a súa fuxida. Os axentes intentaron identificar os dous individuos que, dende o primeiro momento, mostraron unha actitude hostil e carecían de documentación que os identificase.
Os dous ladróns accederan presuntamente á vivenda tras romper unha das ventás. O propietario da vivenda que se achegou ata o lugar recoñeceu como súas dúas botellas de licor que portaban os dous individuos e algunha ferramenta.
Os detidos comezaron a encararse cos axentes, proferindo insultos e chegando mesmo a propinarlle un empuxón a un dos axentes e a abalanzarse sobre outro. Ademais, negáronse a ser trasladados a Comisaría e o de maior idade comezou a propinar patadas ao vehículo policial ao que causou numerosos danos. Unha vez nas dependencias policiais, os detidos foron postos a dispoisición da Autoridade Xudicial.