Atraco frustrado a unha gasolineira de Ponte Caldelas na que fixeron un butrón
Por Redacción
A activación dunha alarma frustrou o intento de roubo que sufriu a gasolineira de Repsol situada en Pazos (Ponte Caldelas). O suceso produciuse a pasada madrugada, segundo confirmaron fontes da Garda Civil.
A primeira hora desta tarde aínda non se presentara a correspondente denuncia no cuartel da localidade, polo que a investigación policial apenas comezou.
Os ladróns intentaron acceder ao interior da gasolineira por un dos seus laterais. Trataron de facer un butrón, pero non lograron finalizar o traballo ao saltar a alarma do establecemento. Tras activarse o sinal, os delincuentes optaron por abandonar o lugar dos feitos e fuxiron no seu coche.
Foi sobre as tres da madrugada, pero dúas horas antes os atracadores tamén fallaron noutro golpe. Neste caso, nunha empresa de gasosas situada na parroquia de Caritel. Neste caso, intentaron entrar a través da porta principal das instalacións, pero tamén saltou a alarma e desistiron do roubo.
Ambos os dous establecementos foron vítimas de varios roubos no último ano, segundo relataron os seus responsables á Televisión de Galicia.