Trinta avogados da cidade axudarán de balde a evitar máis desafiuzamentos
Por Natalia Puga
Trinta avogados da cidade ofrecerán o seu traballo de balde para "luchar contra la tragedia tan grande" dos desafiuzamentos. Traballarán nunha oficina que empezará a funcionar na Casa Azul para asesorar "personas en grave riesgo de exclusión social" para que tengan unha "hoja de ruta" que os axude a evitar ser desaloxadas da súa vivenda.
Este traballo canalizarase a través dun protocolo inicial de colaboración asinado este xoves entre o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e o decano do Colexio Provincial de Avogados, Ramón Jáudenes López de Castro. Nuns días darase consignación orzamentaria á cooperación e plasmarase nun convenio oficial, pero, ata o momento, xa poderán empezar a traballar.
En virtude deste convenio, o Concello sufragará os gastos de funcionamento que ocasione a nova oficina e os custos de desprazamento que supoñan para os avogados que a atendan. Será un punto de información, asesoramento e intermediación en materia de execucións hipotecarias que, segundo explicou Lores, permitirá que "persoas en situacións extremas terán asesoramento legal pertinente".
Jáudenes indicou que o Colexio de Avogados ofreceu a todos os concellos de todos os partidos xudiciais da provincia, pero, ata o momento, o de Pontevedra é o terceiro que respondeu e puxo en marcha a oficina, despois do Porriño e Ponteareas.
O decano dos avogados eloxiou a "entrega" dos letrados que se ofreceron para unirse á iniciativa, pois "es dejar de hacer lo que tienes que hacer en tu despacho para ayudar". Na provincia ofrecéronse voluntarios 70 profesionais, 30 na capital. Como referencia, hai 800 colexiados en Pontevedra e 400 apuntados na quenda de oficio.
Relacionadas:
-
Empeza a funcionar o programa galego de prevención de desafiuzamentos por execución hipotecaria
Por Redacción |
-
A Xunta busca aliados entre os concellos de Pontevedra para aplicar o convenio de desafiuzamentos
Por Natalia Puga |
-
Bankia é a entidade que menos colabora coa oficina de desafiuzamentos
Por Oskar Viéitez |
-
Os avogados pontevedreses porán en marcha unha quenda de oficio especializada en violencia de xénero
Por Natalia Puga |
-
Comeza a funcionar a oficina contra desafiuzamentos
Por Oskar Viéitez |