O conselleiro de Educación visita o Centro de Educación Especial Príncipe Felipe
Por Redacción
57 alumnos estudan no Centro de Educación Especial Príncipe Felipe que, durante este luns 16, visitou o conselleiro de Cultura e Educación, Xesús Vázquez, para analizar cos profesores deste centro as necesidades que teñen para intentar manter os compromisos por parte do seu departamento na "procura dunha escola inclusiva na que prime os valores do respecto á diferenza".
A Consellería achega dende 2009 máis de 253.300 euros para os diferentes gastos deste centro dependente da Deputación de Pontevedra, ademais de máis de 10.000 euros ao ano para o desenvolvemento do servizo do comedor do centro. Precisamente, o presidente provincial, Rafael Louzán, acompañaba a Xesús Vázquez nesta visita. O conselleiro afirmaba que esta visita se realizaba para "ver que podemos facer para dar un paso máis adiante".
ESCOLA DE RESTAURACIÿN
O conselleiro tamén se referiu a preguntas dos xornalistas á situación da Escola de Restauración de Pontevedra e sinalou unicamente que a súa aposta é incrementar o número de alumnos e buscar alternativas de futuro para os estudos superiores que indicou que "están homologados pola nova lei e equiparados a calquera grao universitario" e engadiu que a consellería pretende "traballar en ofertar en máster para que despois eses alumnos poidan acceder ás especializacións de máster".