A Deputación aproba as achegas para financiar os servizos sociais comunitarios
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra aprobou destina 143.000 euros aos concellos de Cotobade, Cuntis, O Grove e Portas para o financiamento dos servizos sociais comunitarios e do servizo de axuda no fogar.
Esta achega forma parte do Plan de Cofinanciamento dos Servizos Sociais Comunitarios deste ano e os concellos citados xa presentaron as correspondentes certificacións e o proxecto dos servizos que prestan e, polo tanto, a Xunta aprobou a concesión das correspondentes axudas.
Para Cotobade son 30.014,29 euros, para Cuntis 33.067,41, O Grove 50.189,58 euros, e Portas 29.806,50 euros.
O 35% desta achega ingresouse xa, porque as bases para a concesión das axudas establecen que se lle concederá ese anticipo no mesmo momento no que presentan a solicitude e o plan de actuación de forma completa.
ESCOLAS DE MÿSICA E CONSERVATORIOS
A Deputación de Pontevedra aprobou tamén as bases que rexerán a concesión de axudas a conservatorios e a escolas de música non dependentes da Consellería de Educación.
Para ese fin, destina 350.000 euros, dos cales 150.000 serán para escolas de música públicas, outros 50.000 para conservatorios e 50.000 para escolas dependentes de entidades sen ánimo de lucro.
No ano de 2013 foron 46 os centros que se beneficiaron destas axudas: 10 conservatorios de música; 24 escolas públicas (na provincia hai 25); e 12 escolas de entidades sen ánimo de lucro.