Exhibición de coches de época en Combarro
Por Diego Torrado
A Praza da Chousa de Combarro acolleu este sábado unha exhibición de coches de época.
Esta actividade foi organizada polo Concello de Poio e o Club de Amigos dos Vehículos Antigos que foi fundado na cidade de Pontevedra no ano 1984 e conta con preto dun centenar de socios, posuidores dos máis diversos vehículos antigos e clásicos sumando todos máis de 190 automóbiles e 74 motocicletas.
A súa actividade céntrase na organización de concentracións, rallys de regularidade, paseos, concursos de elegancia e exposicións.
Tamén dispoñen dun servizo para os seus asociados de asesoramento en restauración, tramitación de exencións de impostos, matriculación de históricos e legalizacións de papeis para os coches clásicos e históricos.
Ademais colaboran en eventos tales como rodaxe de películas, anuncios publicitarios, manifestacións culturais como a levada a cabo esta fin de semana, que incluíu unha ruta turística ata A Lanzada.