A Xunta felicita ao Centro Comercial Urbano de Pontevedra polo seu 25 aniversario
Por Redacción
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, acompañado do xefe territorial de Economía e Industria, Ignacio Rial, trasladaron a súa felicitación ao Centro Comercial Urbano Zona Monumental polos seus 25 anos de existencia agradecendo o seu traballo en favor do pequeno e mediano comercio.
Cores Tourís recordou o apoio da Xunta con 975.026,73 euros á posta en marcha de máis de 40 accións de impulso ao comercio de proximidade nos 25 centros comerciais abertos e 17 asociacións de pracervos da provincia de Pontevedra que resultaron beneficiados polas axudas que acaba de resolver a Consellería de Economía e Industria.
"No caso concreto de Zona Monumental Pontevedra, cabe destacar a subvención de 33.000 euros que recibirá dentro desta orde de axudas, que poderá destinar a posta en marcha de iniciativas como a dinamización comercial, os sistemas de fidelización, a sinalización comercial ou a mellora de competitividade, aínda que tamén poderá afrontar gastos da súa unidade xerencial", dixo Cores Tourís.
A maiores, a asociación da praza de abastos de Pontevedra tamén recibirá unha axuda con estes mesmos fins de 7.574 euros.