"Qué agua más clara, esto sí que no me lo esperaba"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot
O río Gafos pasa polo centro de Pontevedra e, non obstante, é un gran descoñecido para a maioría dos pontevedreses e, en especial, dos nenos. O colectivo ecoloxista Vaipolorío detectouno en varias ocasións e, para intentar achegar o río á cidadanía, realiza actividades como a realizada este xoves con 58 alumnos do colexio Froebel.
Un percorrido de ao redor dun quilómetros entre O Marco e o muíño de Cabanas (Salcedo) e explicacións sobre os sabugueiros, as celidonias e todo tipo de arbustos que crecen ao pé da canle fluvial serviron para que os escolares se achegasen a un río co que conviven sen pararse a pensar nas súas características.
O camiño e o que se encontraron nel sorprendeu os escolares, especialmente impactados polas boas condicións de conservación da senda pola que paseaban, na que Vaipolorío centra os seus esforzos ao longo de todo o ano. Qué agua más clara. Esto sí que no me lo esperaba", manifestaron entusiasmados os nenos, de Quinto e Sexto de Primaria do Froebel. Algún mostrouse tan estrañado coa auga e o "bonita que a encontrou" que preguntou insistente: "¿Aquí se puede bañar?".
"No conocía el río, nunca vine", recoñecía ao respecto Julián, un neno de Quinto de Primaria que, tras a súa primeira hora de percorrido polo Gafos, concluía sen ningunha dúbida: "me gusta mucho, lo que más, el río. Quiero volver".
O membro de Vaipolorío Amancio Castro exerceu de Cicerone dándolles consellos útiles para as súas posteriores incursións no Gafos. Os dous primeiros, por simples, sorprenderon os nenos: é recomendable ir sempre con gorra, pero non tanto polo sol, senón "para que non te piquen os mosquitos"; e é mellor levar roupa de manga longa "para evitar as estrugas, ortigas en galego".