Os veciños da Lama recupéranse da ondada de roubos: "hoy el sentir es de tranquilidad"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot
Creada e actualizada
Creada e actualizada
"Es un alivio. Era mucho el temor con el que se vivía y hoy el sentir es de tranquilidad". Así o trasmite na Comandancia da Garda Civil de Pontevedra Carlos Boullosa, un veciño da parroquia da Xesta cuxa casa foi asaltada nos últimos meses dentro da vaga de roubos en vivendas na Lama. Este mércores acudiu ás dependencias policiais para revisar o botín intervido ás doce persoas de nacionalidade romanesa detidas o luns en Vigo como presuntas autoras deses asaltos e, en total, dunha trintena por toda a provincia e Ourense.
As palabras deste veciño resumen o sentir da práctica totalidade das parroquias e veciños da zona. A Xesta foi un dos puntos con máis asaltos, pero rexistráronse ao longo de todo o municipio e mentres escudriñan os centos de obxectos expostos en mesas nunha sala da Comandancia os veciños recordan os seus "miedos" dos últimos meses.
A maioría das vítimas son naturais da Lama que residen habitualmente en México. ÿ o caso dunha veciña de Liñares que prefire manter o seu anonimato por seguridade. Leva máis de 30 anos emigrada, pero ultimamente pasa longas tempadas en Galicia. A súa nai ten alzhéimer e as súas irmás e ela altérnanse para coidala tres meses ao ano cada unha. Por este motivo está estes días na súa casa e puido acudir á comandancia acompañada da súa nora, pero non estaba no país cando se produciu o roubo, senón que o avisou un familiar.
O seu caso pode servir de exemplo do modus operandi da banda desarticulada. Entraron ao seu cada cando estaba desocupada fracturándolle unha ventá, lle revolveron todo o interior e lle levaron diñeiro en xoias. Na súa casa, 4.000 euros en metálico e 30.000 euros en ouro, procedente de "los 30 años que llevo en México, de regalos de mis hijos, ahijados, marido...".
Parte desas xoias púidoas encontrar expostas na sala das dependencia da Garda Civil porque apareceron nos nove rexistros domiciliarios realizados aos doce detidos. "Mira, un arete, ya solo me falta el otro para completar todo el juego", manifestaba emocionada camiñando dun punto a outro da sala.
A pesar de que dende o martes pasaron pola Comandancia xa varios veciños da Lama, aínda quedan moitos obxectos recuperados do botín dos supostos ladróns que non foron recoñecidos os seus donos, de aí que a Garda Civil faga un chamamento ás vítimas dos asaltos a que acudan para poder recuperar as súas pertenzas. Quedan expostos numerosos electrodomésticos, equipos informáticos e de música, xoias, moedas, teléfonos, cámaras fotográficas, figuras de porcelana, botellas de licor, ferramentas de traballo... A lista é todo o variada que permita a imaxinación.
DISPOSICIÿN XUDICIAL
Mentres os veciños recoñecían as súas pertenzas, dende media mañá deste mércores os presuntos ladróns pasaron ante o Xulgado de Instrución número 1 de Pontevedra acusados de pertencer a unha organización criminal cuxo fin era a comisión de delitos contra o patrimonio, fundamentalmente roubos con forza en vivendas e receptación.
Foron detidos na operación que a Garda Civil bautizou como 'Xesteira', desenvolvida polo Grupo de Delitos contra o Patrimonio da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, en resposta á proliferación de roubos no interior de vivendas en toda a provincia, en especial na Lama. E as investigacións permitiron descubrir que este grupo dun mínimo de doce persoas tiña distribuídas diferentes funcións. Traballaban por chanzos: uns elixían as vivendas, outros eran os autores materiais e outros os que daban saída para os efectos subtraídos por diferentes canles.
Os detidos son todos con antecedentes por delitos contra o patrimonio e sen ningunha actividade laboral legal recoñecida. Dos once que pasaron este mércores polo xulgado, para nove decretouse o seu ingreso en prisión comunicada sen fianza e dous quedaron en liberdade.
Relacionadas:
-
Expulsan de España os romaneses condenados por roubar en casas da Lama
Por Oskar Viéitez |
-
Os primeiros veciños da Lama xa recuperaron os obxectos que lles roubaron da súa casa
Por Natalia Puga |
-
Veciños de Xesta (A Lama) piden a expulsión do país dos detidos como sospeitosos da vaga de roubos
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Atribúen os roubos en vivendas da Lama a unha banda organizada de romaneses asentada en Vigo
Por Natalia Puga | Creada e actualizada