Tafisa ofrece 20 traslados con rebaixa de soldo e o comité considera que é unha "tomadura de pelo"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Os representantes do comité de persoal de Tafisa saíron indignados da reunión mantida coa dirección da empresa ante a proposta que continúa contemplando o peche da factoría de Ponte Caldelas e ofrece vinte traslados a distintas factorías en España cun soldo reducido, na maioría dos postos, nun 35% do actual.
O presidente do comité de empresa, José Manuel Moledo, indicou que esta proposta lle parece "vergonzosa" por "lo poco que ofrecen y lo mal que lo ofrecen, cuando se comprometieron ante las administraciones públicas a que los trabajadores serían respetados hasta el último momento. Se están riendo de los trabajadores de Ponte Caldelas, se están riendo de las administraciones públicas, y entendemos que así no hay diálogo posible". Moledo explicou que as posturas se encontran completamente enfrontadas tras esta terceira reunión coa empresa presidida polo secretario do Consello de Administración e Director de Recursos Humanos de Tafisa, Ángel Robledano.
A proposta de vinte traslados ao plantel conformado por 60 traballadores é considerada unha "tomadura de pelo" por parte do comité de empresa: "Los cuarenta restantes iríamos al paro, a la calle directamente, porque estos son así de graciosos, nos van trayendo todo con cuentagotas. Dicen que seguramente en la próxima reunión del lunes podríamos intentar hablar de las prejubilaciones", afirmaba Moledo que engadiu que a empresa non tivo en conta o plan de viabilidade que presentou a parte social para intentar salvar a fábrica. "Dicen que no tienen dinero para el plan de viabilidad" e engadiu que rexeitan as axudas ofrecidas pola Xunta a través do IGAPE porque a dirección "solo contempla el cierre", sinalou o presidente do comité á saída da reunión.
Neste sentido, o traslado dos traballadores que propón a empresa sería principalmente á fábrica de Betanzos, dez postos, tres a Valladolid, catro a Linares (Xaén) e un a Cuéllar (Segovia). Outros dous serían trasladados a áreas aínda por determinar. Os traballadores temen, ademais, que a nave de Betanzos acabe seguindo os mesmos pasos que a de Ponte Caldelas.
Ante esta situación, o equipo mantivo unha asemblea durante a tarde deste mércores coa intención de informar a todos os traballadores das negociacións e buscar unha fórmula para intentar premer con máis contundencia a empresa. A próxima reunión desenvolverase o luns 16 tamén na sede social de Novacaixagalicia en Pontevedra.
Este xoves 12, o comité vai reunirse de novo co alcalde de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, e durante a tarde estaba previsto que fosen recibidos en Santiago polo conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde. Pero, segundo anunciaba o portavoz municipal do PP, Jacobo Moreira, xurdiron problemas de axenda por parte do conselleiro que obrigaron a trasladar a xuntanza ao vindeiro mércores 18.
Relacionadas:
-
Escoltan o director de Recursos Humanos de Tafisa por Pontevedra ante a presión dos traballadores
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido & Diego Torrado |
-
O conselleiro de Industria vai reunirse con altos cargos de Sonae para intentar que Tafisa non peche
Por Anxo Lourido |
-
A Inspección de Traballo mediará nas negociacións de Tafisa
Por Redacción |
-
O PSOE pide no Parlamento que a Xunta elabore un estudo de viabilidade sobre Tafisa
Por Redacción |
-
O plantel de Tafisa acusa á empresa de engordar as perdas con outros gastos do Grupo Sonae
Por Redacción |
-
Os traballadores de Tafisa solicitan apoios a todos os grupos políticos do Parlamento
Por Redacción |
-
A empresa xustifica agora o peche de Tafisa nos problemas económicos de todo o grupo Sonae
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |