Un incendio arrasa unha vivenda deshabitada en Monte Porreiro
Por Natalia Puga & Diego Torrado
Unha vivenda de dous pisos deshabitada quedou totalmente destruída este mércores na rúa Dinamarca de Monte Porreiro a causa dun incendio iniciado a primeira hora da mañá por causas aínda por esclarecer.
Segundo informaron dende o Corpo de Bombeiros de Pontevedra, dous vehículos e cinco efectivos se trasladaron ao punto e sufocaron as chamas, pero pouco puideron facer para salvar a casa, que quedou moi afectada.
A Policía Local de Pontevedra deu alerta aos Bombeiros deste incendio sobre as 7.30 horas e desprazáronse ao lugar, nas proximidades do Miradoiro de Monte Porreiro. Un particular alertou tamén o Servizo Galego de Emerxencias 112 ás 7.43, pero neses momentos xa se encontraban na zona bombeiros e policías.