Rouban en Combarro máis de 13.000 euros agochados en libros
Por Redacción
Segundo publica Mariña Abilleira no Diario de Pontevedra, un veciño de Combarro que reside na rúa San Roque denunciou o roubo que sufriu na súa vivenda ao mediodía, cando se encontraba ausente do seu domicilio.
Segundo explicou a vítima ante a Garda Civil, o ladrón levouse 13.500 euros en billetes que se encontraban escondidos en tres libros. Non obstante, o autor da subtracción non causou ningún dano en obxectos da vivenda e, sempre segundo a vítima, foi directo ao botín polo que se deduce que coñecía directamente o domicilio e o lugar no que se gardaba o diñeiro.