A FANPA propón unha semana de inmersión lingüística en inglés cun campamento en xuño
Por Redacción
A Federación Provincial de ANPA de colexios públicos de Pontevedra organiza este mes de xuño un campamento íntegramente en inglés para unha inmersión total no idioma para nenos de Sexto de primaria, ESO e Bacharelato no que convivirán durante unha semana con profesores de nivel nativo.
O campamento celebrarase do 22 ao 28 de xuño no CIP Panxón e ten como obxectivos brindarlles aos mozos a oportunidade dunha vivencia única en inglés, gozando ao máximo da súa estancia ou desenvolver todas as súas habilidades para o idioma, con especial interese nas súas capacidades orais e auditivas.
O campamento tamén persegue axudar a superar as barreiras de timidez para unha fluída comunicación en inglés, creando un ambiente ameno no uso diario do inglés mentres se entablan novas amizades e transmitir valores como os hábitos de convivencia, a tolerancia, o traballo en equipo, o respecto á natureza e á contorna onde se realiza o campamento.
Os alumnos e pais interesados na actividade poderán coñecer todos os detalles e facer a inscripción on-line na web da FANPA.