Veciños de Xesta (A Lama) piden a expulsión do país dos detidos como sospeitosos da vaga de roubos
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Os veciños de San Bartolomé de Xesta, unha das parroquias nas que se rexistraron máis roubos nos últimos meses na Lama, consideran que o Goberno debería expulsar aos integrantes da banda de cidadáns de orixe romanesa detidos en relación con roubos en toda a provincia, entre eles, a vaga de asaltos en vivendas rexistrada no seu municipio.
O presidente da Asociación de Veciños de San Bartolomé de Xesta e voceiro local do PSdeG-PSOE, Enrique Vaqueiro, emitiu este martes un comunicado en nome de todos os veciños da parroquia para mostrar a súa "satisfacción" pola detención dos supostos ladróns este luns en Vigo.
No documento, recolle que "o Goberno debería tomar as medidas adecuadas dentro da legalidade vixente para tramitar expedientes de expulsión para este grupo de persoas" e asegura que este é o "sentir maioritario" das veciños de Xesta.
Ao respecto, argumenta que a emigración é un fenómeno ben coñecido en Xesta, unha parroquia na que moitas presonas "tiveron que deixar o seu lugar de nacemento para desenvolver unha vida mellor noutro país, non sen penurias e problemas". Baseándose nas experiencias dos seus veciños, conclúe que un emigrante "debe comportarse dignamente no país que o recibe" ou "pola contra, ten que haber consecuencias".
CANDA FELICITA Á GARDA CIVIL
Pola súa parte, o alcalde da Lama, Jorge Canda, felicita á Garda Civil e ao subdelegado do Goberno por estas detencións. Ademais, o rexedor anima os veciños que teñan sido vítimas dos roubos á que se acheguen ata a Comandancia da Garda Civil de Pontevedra para identificar os obxectos recuperados polas forzas do orde e poder reclamar así a devolución.
Canda manifesta tamén o seu desexo de que con estas detencións "volva a tranquilidade ao municipio e queden atrás episodios e manifestacións interesadas que o único que buscaban era un aproveitamento político dunha circunstancia lamentable" en alusión ás críticas realizadas polo voceiro do PSdeG-PSOE, Enrique Vaqueiro.
Relacionadas:
-
Expulsan de España os romaneses condenados por roubar en casas da Lama
Por Oskar Viéitez |
-
Os veciños da Lama recupéranse da ondada de roubos: "hoy el sentir es de tranquilidad"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot | Creada e actualizada
-
Os primeiros veciños da Lama xa recuperaron os obxectos que lles roubaron da súa casa
Por Natalia Puga |
-
Atribúen os roubos en vivendas da Lama a unha banda organizada de romaneses asentada en Vigo
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
Dous novos roubos en casas deshabitadas manteñen a alerta social na Lama
Por Natalia Puga |
-
O alcalde acusa a Enrique Vaqueiro de crear un "falso" clima de inseguridade cidadá na Lama
Por Redacción |
-
O PSOE pide a dimisión do subdelegado do Goberno polo seu "desleixo" ante a vaga de roubos na Lama
Por Redacción |