Adían o último encontro entre dirección e traballadores de Construcciones Crespo
Por Redacción
Os traballadores de Construcciones Crespo mantiveron unha asemblea durante este mediodía na que recibiron a notificación de que as negociacións coa empresa se retomarán o próximo martes 17. Este luns 9 estaba anunciado como a última xornada do expediente de regulación de emprego (ERE) extintivo formulado pola empresa pero os representantes sindicais solicitaron un período de tempo para analizar os datos económicos trasladados pola dirección da empresa na última reunión para estudar as condicións da liquidación da construtora.
Durante a xornada do 17, os traballadores volverán concentrarse ante a sede da empresa na rúa Gorgullón e asumirán media xornada de folga.
Os representantes do equipo mostráronse sorprendidos pola decisión da Xunta de Galicia de retirar a adxudicación dunha obra na rúa Bernardo Sagasta en Cuntis a Construcciones Crespo. Segundo afirmaba o representante da CIG, Xaquín Agulla, "é sorprendente a premura por parte da Xunta, actúa sen transparencia para retirar esa obra" e apuntou que o administrador concursal lles asegurou que dende o xulgado non se solicitara a rescisión do contrato da obra que, segundo fontes sindicais, xa foi adxudicada a outra empresa de xeito inmediato.
Relacionadas:
-
Os sindicatos volven á rúa ante a preocupación polos últimos peches de empresas na comarca
Por Anxo Lourido |
-
Uns empresarios de Alicante fan unha oferta para adquirir Construcciones Crespo
Por Redacción |
-
Os traballadores cren que as contas ofrecidas por Construcciones Crespo non xustifican o peche
Por Redacción |
-
O xulgado autoriza a liquidación de Construcciones Crespo
Por Redacción |