ÿxito de participación de 'Sanxenxo DEgusta tapas', que encara a súa última semana
Por Redacción
O concurso 'Sanxenxo DEgusta TAPAS' entra xa na súa última semana activo tras levar dende o 16 de maio ofrecendo propostas gastronómicas creativas e tradicionais aos participantes. Neste tempo, a concelleira de Turismo, Almudena Aguín, sinala que obtivo "un gran éxito de participación tal e como nos trasladan responsables dos locais participantes".
A quinta edición finalizará o próximo día 15 de xuño. A esta edición sumáronse un total de 35 establecementos do municipio, que ofrecen ata 36 propostas creativas e outras 32 tradicionais a un prezo único de 2 euros.
Ao igual que en anos anteriores o público pode optar aos premios establecidos por Turismo de Sanxenxo a través das votacións que poderán emitir tras visitar polo menos cinco locais.