Inician a reparación da pasarela de Chancelas, danada polos temporais
Por Redacción
O Concello de Poio iniciou as obras de reparación da pasarela da praia Chancelas Pequena, que sufriu danos con motivo dos temporais deste inverno.
Esta pasarela de madeira formada por módulos fragmentouse e sufriu diversos danos de maneira que os bañistas non teñen un acceso cómodo a esta infraestrutura que percorre o areal dunha das praias de Chancelas, pertencente á parroquia de Combarro.
A pasarela foi construída no ano 2003 cun presuposto de 42.000 euros que contou cun financiamento para infraestruturas procedente da Deputación Provincial. O Concello de Poio pretende que a instalación estea reparada de cara á tempada de verán.