Dous homes chegan a xuízo por unha pelexa cando compartían cela na Lama
Por Redacción
Dous homes serán xulgados a próxima semana na Audiencia Provincial de Pontevedra para render contas polas lesións mutuas que se causaron durante unha pelexa que mantiveron cando ambos os dous estaban a cumprir condena no centro penitenciario da Lama.
Os dous procesados eran compañeiros de cela na Lama e, a consecuencia da pelexa, provocáronse danos mutuos. Ambos os dous están acusados de lesións, pero a acción dun e outro teñen distinta consideración.
Así, a Fiscalía acusa a un deles dun delito de lesións polo que pide que sexa condenado a catro anos de cárcere e ao seu compañeiro dunha falta pola que pide o tribunal que o condena ao pagamento dunha multa de 150 euros, 30 días a razón dunha cota diaria de cinco euros.
Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o xuízo está sinalado para o martes día 10 ás 11.05 horas na Sección Cuarta de la Audiencia.