200 voluntarios na procura de apoio económico para investigar o cancro
Por Redacción
A Asociación Española contra o Cancro (AECC) realizou a súa tradicional colecta durante a xornada deste 5 de xuño polas rúas de Pontevedra coa participación de douscentos voluntarios e colaboradores que se encontraban nas mesas petitorias ou, como os escolares do SEK e de Los Sauces, portando petos recadatorios.
A presidenta da Asociación en Pontevedra, Marisé Crespo, afirma que "dentro de la crisis que hay, la gente está muy concienciada" e existe unha maior implicación, segundo aseguraba, ante o feito de que o diñeiro desta colecta se destine á investigación
"Es dónde ven que se le gana la batalla al cáncer" e, neste sentido, Marisé Crespo sinala que foi moi importante a noticia do descubrimento dos efectos de detención da enfermidade que produce a inhibición da proteína TC21 sobre o cancro de mama e a metástase de pulmón. Este programa estaba financiado pola AECC, que seguirá investindo durante catro anos máis neste proxecto de investigación.
A presidenta indica que a reacción dos pontevedreses ante a petición dos voluntarios adoita ser moi positiva na maioría dos casos: "Alguna gente viene y dice: cómo no voy a colaborar con todo lo que están haciendo por mí'".
Marisé Crespo indica que unha porcentaxe destas achegas tamén se quedan na asociación provincial para acometer algúns proxectos: "Nosotros cuanto más dinero tengamos más cosas hacemos. Contamos con una cartera de servicios básicos. Aquí, en Galicia, somos los únicos que tenemos la unidad de servicios paliativos con médico y enfermera".
Outro dos proxectos máis importantes que entraron en funcionamento grazas á asociación é o servizo de logopedia a través do programa 'Volver a hablar', destinado a aqueles pacientes que, debido á enfermidade, sufriron danos que dificultan a súa comunicación verbal.
Relacionadas:
-
O rosa reclama investimento
Por Redacción |
-
Expertos analizarán no Liceo Casino o incremento de casos de cancro de colon en Pontevedra
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Experiencias vitais de enfermas de cancro amplían a formación dos futuros fisioterapeutas
Por Redacción |
-
Os voluntarios da Asociación contra o Cancro atenderon 7.430 casos en Pontevedra durante 2013
Por Redacción |
-
Subvencionan con 50.000 euros a once entidades de iniciativa social do municipio
Por Oskar Viéitez |
-
A colecta da Asociación contra o Cancro do 5 de xuño dedícase á investigación
Por Redacción |
-
Increméntase un 48% as demandas sociais á asociación contra o cancro en Pontevedra
Por Redacción |