'Boavila Pride' programa unha semana de actividades para celebrar o Orgullo Gay
Por Oskar Viéitez
Entre o 19 e o 28 de xuño Pontevedra acollerá toda unha serie de actividades co nome de 'Boavila Pride', a versión local da festa do orgullo Gay.
Os organizadores deste evento, o colectivo Ponte Visible, insistiron en que se trata dunha convocatoria dirixida ao conxunto da sociedade. "Cada un é dono da súa condición, sen etiquetaxe. Dende o Concello preténdese promover este tipo de actividades na sociedade que nos fan a todos máis libres", a afirmou a concelleira de Festas, Carme da Silva.
Para apoiar esta iniciativa, na rolda de prensa de presentación Boavila Pride, participaron representantes das asociacións de hoteleiros e de hostaleiros da cidade que viron nestas actividades "un motor para la economía de la ciudad", como afirmou o empresario, José María de Cabo.
Os organizadores integraron básicamente aos gremios relacionados co ocio, como os hoteleiros, a hostelaría nocturna (copas) e a diurna (restaurantes, tapas), e nos kits promocionais ofrécense desde accesos a hoteis ate bonos para menús especiais e conxuntos de tapa bebida (que se chama Gastroboa). En conxunto, sumáronse 20 establecementos e a totalidade dos hoteis que forman parte da asociación de hoteis da cidade.
Na variada programación de Boavila Pride destaca o espectáculo de cabaré "¡Que trabaje Rita! " unha combinación explosiva entre teatro e música da movida madrileña, anunciado para o venres 20 na Discoteca Carabás.
O sábado haberá no Teucro unha festa coas Fellini e As Supremas. As Fellini son dúas transformistas vascas, Yogurinha Boroba e Nagore Gore, e Supremas xa estiveron, con gran éxito hai uns anos, e son a aportación galega ao orgullo deste ano. ÿ unha actuación gratuíta e aberta.
Outra das novidades é un cruceiro pola ría, durante a xornada do Boavila Pride, aínda que ten capacidade limitada de pasaxeiros, será unha festa con Dj,s, "mexillonada", viño e cócteles, con parada nunha cala se o tempo o permite e música toda a tarde.
Tamén novidade é a romería urbana do Campiño de Santa María o domingo á mañá, así como as festas temáticas de "ambiente bear" (osos), no Karma, e lésbico, no Fifty, ambas as dúas o sábado despois da festa do Teucro.
No capítulo cultural e reivindicativo hai que mentar a exposición na praza de Ourense dende o xoves día 19, e que permanecerá instalada ata o día 7 de xullo.
Relacionadas:
-
Xa loce o arco da vella no Concello: comeza o 'Boavila Pride'
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada