Louro anuncia que a próxima semana entrevistarase con 'Non Crematorios Pontevedra Leste'
Por Redacción
O concelleiro de Urbanismo, Antón Louro, anunciou que ten intención de reunirse cos integrantes da Plataforma 'Non Crematorios Pontevedra Leste' a próxima semana despois de que esta mañá algúns representantes deste colectivo presentasen, de novo, por rexistro un escrito solicitando unha entrevista co alcalde e co propio concelleiro.
O secretario da plataforma, José Antonio Rodríguez, lamentou a inacción que detectan no grupo de goberno de Pontevedra e mostra a súa preocupación porque non contestaron ao problema das alegacións.
Pola súa banda, Antón Louro afirmou que se están a analizar as alegacións por parte dos técnicos municipais e séguese tramitando unha modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal que, segundo o concelleiro, "bloquea a posibilidade de realizar determinados proxectos en determinados sitios".
Sobre a posibilidade de que a empresa Funespaña decida aparcar o proxecto de construción do crematorio en San Amaro, o concelleiro de Urbanismo indicou que non ten novos datos e os afectados dan pouco crédito a que a empresa desista do proxecto: "ÿ para desmobilizarnos. E, cando non nos demos conta, levarémonos sorpresas por aí", indica o presidente da plataforma, José Luis Calvo.
Relacionadas:
-
O Concello cre que Funespaña renunciará ao seu crematorio
Por Oskar Viéitez |
-
'Non crematorios' reprocha a Lores que "una persona que representa a un grupo asambleario se niegue al diálogo"
Por Natalia Puga |
-
Louro pide a Moreira que "actúe en conciencia" e inste a Xunta a regular os crematorios
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |