Suspenden a moción de censura no PSOE local, polo menos ata despois do Congreso Federal
Por Alejandro Espiño
Malia contar coas sinaturas necesarias para presentala, segundo eles mesmos aseguran, os críticos do PSdeG-PSOE de Pontevedra decidiron suspender "sine-die" a moción de censura que ían presentar contra a executiva local que lidera Agustín Fernández. Así o decidiron tras reunirse en Santiago de Compostela coa secretaria de Organización do partido a nivel autonómico, Pilar Cancela.
O motivo, segundo explicou José Manuel Civeira a PontevedraViva, é non solapar este proceso co aberto a nivel federal para elixir ao sucesor de Alfredo Pérez Rubalcaba como secretario xeral do PSOE. Os críticos optan así seguir a suxestión que lles realizou nesta reunión a número 2 dos socialistas galegos. "Nos dijo que no les gustaría que el proceso federal y las primarias se solape con una moción de censura en Pontevedra", recoñece Civeira.
En todo caso, o portavoz dos críticos aclarou que Pilar Cancela trasladoulles que a dirección do PSdeG-PSOE non interferirá na moción de censura se, despois do verán, deciden retomar a ida de presentala. "Es un proceso limpio y estatutario, por lo que nos trasladó que no tomarán partido y se mantendrán neutrales en este proceso, respetando mientras tanto la legitimidad de la ejecutiva actual", sinalou José Manuel Civeira.
"Apoyos tenemos", reitera este grupo de militantes socialistas, "pero queremos demostrarle a la ejecutiva gallega que nosotros sí somos dialogantes"
Civeira, que acudiu á reunión acompañado de Jesús Gómez Arias e Teresa González, insistiu teñen "motivos de sobra" para presentar esta moción de censura, "porque a pesar de lo que dice a la prensa, el actual secretario local no ha tendido ningún puente con nosotros". Ademais, o partido atópase "paralizado", segundo os críticos.
"Hay problemas con las afiliaciones, no se convocan asambleas ni a los grupos de trabajo es un desgobierno", resume. Ao que se suma os "malos resultados electorales" nos pasados comicios europeos, nos que os socialistas perderon preto do 50 por cento dos votos logrados en Pontevedra cinco anos antes.
"Apoyos tenemos", reitera este grupo de militantes socialistas. Falan incluso de que teñen bastantes máis das 100 sinaturas necesarias para promover a moción de censura contra a dirección do PSdeG-PSOE en Pontevedra, "pero queremos demostrarle a la ejecutiva gallega que nosotros sí somos dialogantes". Especialmente, asegura, ante as próximas eleccións municipais, "que Besteiro entiende que son especialmente importantes".
PASOS PARA A MOCIÿN DE CENSURA
No caso de que despois do proceso federal, aproximadamente despois do verán, os críticos decidan seguir adiante cos seus plans, o seguinte paso sería depositar na sede local do partido as sinaturas necesarias. A partir de aí, nun prazo non superior a 15 días deberá convocarse unha asemblea na que se someta a votación este extremo e, no caso de saír adiante, haberá un novo mes para reunir á militancia e escoller a nova dirección.