Feridos un octoxenario atropelado en Bueu e o conductor dun turismo accidentado en Caldas
Por Redacción
Dous sucesos ocorridos en apenas un par de horas deixaron dous feridos en accidentes de tráfico ocorridos en Bueu e Caldas de Reis. Trátase dun home de 87 anos que foi atropelado por un turismo en Bueu e dun varón de 56 anos de idade que resultou ferido leve nunha colisión entre dous vehículos na estrada N-640, ao seu paso por Caldas de Reis.
O primeiro dos accidentes tivo lugar, segundo informa en 112 Galicia, sobre as 12.20 horas na rúa Pazos Fontenla de Bueu. A vítima foi evacuada nunha ambulancia asistencial ao Hospital Montecelo.
Pola súa banda, sobre as 10.15 horas produciuse o sinistro en Caldas. O ferido, condutor dun dos dous vehículos implicados, un turismo e unha furgoneta, foi trasladado nunha ambulancia asistencial ao Hospital Domínguez de Pontevedra. Non ten feridas de gravidade.