Sanxenxo pedirá apoio aos 215 municipios con bandeira azul contra a destrución da Panadeira
Por Redacción
O concelleiro de Medio Ambiente de Sanxenxo, José Luis Rodríguez, remitirá un escrito a todos os concellos de España con praias Bandeira Azul en 2014, informándoos da situación á que se está a someter Os Barcos e A Panadeira por parte de Portos de Galicia. Con iso, o departamento municipal pretende dar a coñecer esta situación aos 215 integrantes do "club Bandeira Azul", acción que estará enmarcada dentro da campaña informativa en contra da autorización de ampliación de peiraos no porto deportivo de Sanxenxo.
Dende a Concellaría de Medio Ambiente incidiron nos "paradoxos" derivados do permiso outorgado por Portos de Galicia, como é "o feito de permitir a construción duns peiraos a unha entidade privada sen contar, nin sequera informar, ao Concello de Sanxenxo", propietario do Porto Deportivo Juan Carlos I, "cando a Administración local está totalmente en contra desta actuación como así o amosa as demandas xudiciais emprendidas", apuntou o edil.
Por outro lado, José Luis Rodríguez sinalou que Portos de Galicia anunciou recentemente, ante actuacións similares noutros portos deportivos próximos (exemplo: porto de Aguete-Marín, ou no de Portonovo que está dentro do municipio), sendo portos da súa propiedade, que supedita calquera actuación-autorización a un previo consenso social. . "A pesares de que o Concello de Sanxenxo está totalmente en contra dos pantaláns do Club Náutico, Portos de Galicia xamais buscou consenso social neste caso", afirmou o concelleiro.
"Portos de Galicia é o responsable de condenar á praia da Panadeira a non poder conseguir a Bandeira Azul nunca máis
Ademais, tal e como recordou o edil, ADEAC, entidade que outorga o galardón Bandera Azul en España e que forma parte da Fee (Fundación Europea de Educación Ambiental), foi tallante en relación á posibilidade de volver conseguir a Bandeira Azul para a praia de Panadeira. "Las obras de ampliación de pantalanes van en contra del desarrollo sostenible de Sanxenxo, condenando a Panadeira a no poder optar a conseguir el galardón nunca más (resolución de ADEAC de fecha 27-01-14) ".
A entidade pública Portos de Galicia segue unhas directrices reflectidas no Plan Estratéxico da Náutica Recreativa en Galicia 2012-2020 como que "en toda actuación no litoral se respectará na súa integridade a conservación e protección do medio ambiente" e que "as directrices en materia portuaria se coordinarán coas xerais de ordenación do territorio... e coas estratexias de planificación das súas zonas de influencia. Sen embargo, neste caso a actuación "implica a destrución de dúas praias e non se planificou nada coa zona de influencia, xa que non se tivo en conta a opinión do Concello de Sanxenxo", insistiu Rodríguez.
O documento detalla tamén como unha "forzaleza", dentro da análise DAFO, a existencia de un gran número de instalaciones con el distintivo Bandera Azul, sin embargo, o propio ente Portos de Galicia é o responsable de condenar á praia da Panadeira a non poder conseguir a Bandeira Azul nunca máis, sentenció el edil de Medio Ambiente.