20 novos operarios reforzarán a limpeza de praias en Sanxenxo
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo reforzará o equipo da área de limpeza de praias o próximo verán coa contratación de 20 persoas a tempo parcial cunha duración aproximada de dous meses e unha xornada semanal de 25 horas.
O Goberno local abriu o prazo de presentación de solicitudes para concorrer ao proceso de selección dos operarios. Os interesados poderán entregar a documentación ata este xoves no Rexistro Xeral da Casa Consistorial en horario de 9.00 a 13.00 horas.
Os traballos que desempeñarán os seleccionados consistirán no baleirado das papeleiras das praias, retirada de residuos da área de limpeza en zonas verdes anexas aos areais, incluídos paseos, sendeiros e vías de acceso, recollendo os residuos e realizando un mantemento de roza, limpeza, e nivelación da area nas saídas naturais de augas pluviais.
O persoal tamén se ocupará da retirada de algas e do seu traslado ao vertedoiro autorizado, ao igual que dos outros residuos depositados na area, todo iso baixo a supervisión e control das concellarías de Personal, Servizos e Medio.
A selección desenvolverase, previsiblemente, o mércores día 11 no Pazo Emilia Pardo Bazán e consistirán nun exame oral no que se valorarán aspectos relativos aos coñecementos dos aspirantes sobre os labores a desempeñar, o coñecemento do municipio, dispoñibilidade horaria, experiencia, antigüidade como desempregado, cargas familiares e nivel de renda.