O Día das Forzas Armadas chega a Pontevedra e Marín
Por Redacción
O Ministerio de Defensa organizou un total de 35 actividades en distintas cidades de Galicia con motivo do Día das Forzas Armadas, cuxos actos centrais terán lugar o 8 de xuño en Madrid, e entre elas unha decena serán en Pontevedra e Marín.
En Pontevedra este luns 2 e o sábado 7 de xuño terán lugar senllos concertos de música e o día 4 organizouse a conferencia 'Somalia e a pirataría do S. XXI' ás 20.00 horas no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra, impartida polo capitán de navío Ignacio Frutos Ruiz.
No Museo Provincial haberá ata o día 4 unha exposición fotográfica acerca de 'A formación militar e académica dos Alumnos da Escola Naval Militar'.
En Marín haberá unha conferencia o 3 de xuño, unha oferta floral no monumento da Escola Naval Militar o 5 de xuño, un concerto da Banda de Música o 7 xuño ás 20.00 horas na Praza do Rejoy, e unha xornada de portas abertas os días 7 e 8 de xuño. Esta última actividade incluirá visitas ao Simulador de Navegación e Planetario en horarios de mañá de 10.00 a 13.00 horas.