A Xunta conclúe os traballos de rehabilitación da ponte medieval de Ponte Sampaio
Por Redacción
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, acaba de arranxar os estragos na ponte medieval de Ponte Sampaio, ocasionados a raíz de dous accidentes de circulación que provocaron a caída de varias pedras da súa infraestrutura.
O resultado do traballo foi revisado, entre otros, polo delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís; o xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, José Luís Díez; e o voceiro do Partido Popular, Jacobo Moreira. Estiveron acompañados polo presidente da Asociación de Veciños Héroes de Ponte Sampaio, Ramón Agulla.
O goberno galego, segundo informa o PP, estudará a posibilidade de instalar semáforos nos dous extremos da ponte para regular a circulación de vehículos e así contribuír a que non se produzan accidentes de tráfico. Especialmente importante sería, sinalan os populares, que se activara o seu uso polo menos durante a temporada de verán, cando esta parroquia rexistra unha intensidade de tráfico máis elevada.
Relacionadas:
-
Un coche leva por diante parte da ponte de Ponte Sampaio
Por Natalia Puga |
-
O BNG insta á Xunta a elaborar un proxecto de conservación da ponte de Ponte Sampaio
Por Redacción |
-
Esixen á Xunta a "restauración inmediata" da ponte medieval de Ponte Sampaio ante o seu "abandono"
Por Redacción |
-
O ámbito da Xunqueira de Ponte Sampaio, obxecto dunha amplia reordenación do tráfico rodado
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello reclama á Xunta que restaure a ponte danada de Ponte Sampaio
Por Redacción |
-
Comezan os trámites para reparar a ponte medieval de Ponte Sampaio, danada por un accidente
Por Redacción |
-
Un accidente derruba parte da ponte medieval de Ponte Sampaio, que haberá que restaurar
Por Natalia Puga |